b
QUEN SOMOS TRABALLA CON NÓS CONTACTO Facebook
Extraescolares
b
Extraescolares

As Actividades Extraescolares representan para o neno/a unha proposta educativa e de ocio complementaria á formación escolar; un espazo que contribúe ao seu desenvolvemento integral á vez que  facilita aos pais e nais a conciliación do horario laboral co escolar.

Creamos programas dinámicos e funcionais, adaptándonos ás necesidades de cada Centro e proporcionando ao alumno/a a posibilidade de realizar as súas actividades  e xogos favoritos nun ambiente san e seguro.


En Anias ofrecemos un servizo integral de calidade, cunha carta variada e actualizada de actividades impartidas por profesionais experimentados.

A nosa oferta inclúe:

- O deseño dun programa de actividades adaptado e personalizado para cada centro, mantendo aquelas actividades que pola súa traxectoria  no centro se queren seguir ofertando, e incorporando outras novas que complementen e melloren a oferta existente para o próximo curso.

- Un equipo de monitores especializados para cada actividade coa posibilidade de incorporar ao programa monitores de cursos anteriores, sempre que respondan ao perfil profesional requirido pola empresa para un  desenvolvemento  óptimo da actividade.

- Cobramento e xestión de recibos mediante domiciliación bancaria.

- Control de alumnos/as con parte de asistencia diario.

- Control e recollida de nenos que participan no comedor e extraescolares

- Atención telefónica e persoal das necesidades dos pais/nais.

- Control de calidade das actividades con avaliación continúa mediante reunións periódicas da coordinadora co equipo de monitores/as e cuestionarios de valoración aos nenos/as e pais/nais.

Información periódica a ANPA e/ou ao centro educativo do funcionamento e evolución das actividades.

- Coordinación co centro para o uso de instalacións e mantemento destas nas condicións axeitadas.

- Mantemento das actividades con substitución de monitor en caso de baixa laboral.

- Posibilidade de contratación dunha persoa que permaneza no centro escolar para a coordinación dos grupos e control de espazos durante o horario das actividades.

As áreas nas que ofrecemos actividades son as seguintes:

  • Artísticas
  • Físicas y deportivas
  • Formativas
  • Lúdico-educativas

* Podedes acceder ao noso catálogo entrando na páxina de extraescolares de "Actividades en curso". 

b
b b

OUTROS EXEMPLOS

Servizos para centros escolares
b

Contacto                          

Echegaray, 39 Baixo
36002-Pontevedra

Tel. 986 864 598
Fax 986 161 161


contacto@anias.es
 


 
Síguenos                        



Boletín de noticias
Actividades en curso
Próximas actividades
Catálogo de servizos
Aviso legal