Un amplo e diverso equipo de profesionais do lecer educativo, a animación sociocultural e o tempo libre elaboran á medida das necesidades dos cativos/as e grupos, actividades lúdicas, divertidas e orixinais para que gocen de experiencias únicas e memorábels. Elaboramos rutas e excursións dun ou varios dias para descubrir os mellores recunchos de Galicia ou para gozar coma enanos nun parque de atraccións.
Animamos festas infantís e celebracións familiares. Organizamos eventos lúdicos creativos e participativos na rúa, así como exhibicións deportivas e culturais. Levamos ás familias a descubrir novos xeitos de gozar e convivir con outros, a través de obradoiros, roteiros, xornadas de convivencia...
Planificamos e xestionamos inesquecíbels campamentos e ludotecas estivais ou durante os períodos vacacionais sempre seguindo criterios de conciliación laboral e familiar. A nosa proposta, marcada polo compromiso e a responsabilidade, ofrece unhas experiencias de lecer e tempo libre vinculadas ás vilas, ás cidades e mesmo aos espazos naturais e ao rural galego.
Todo isto e moito máis é posíbel connosco.